dentadura postiza
Galego
- Pronuncia: /dentaˈðuɾa posˈtiθa/, /dentaˈðuɾa posˈtisa/, /dɛŋtaˈðuɾa posˈtiθa/ (AFI)
dentadura postiza (sg: dentadura postiza; pl: dentaduras postizas)
- (Odontoloxía) Prótese dentaria, total ou parcial, que consta dunha serie de dentes naturais ou artificiais montados sobre unha mesma peza (dentadura simple) ou en dúas (dentadura dupla) e representa exactamente os arcos dentarios, que se fixa na boca a falta de dentadura natural.
- Sinónimos: prótese dentaria.