eivar
Galego
- Pronuncia: e.j'.β̞aɾ (AFI)
eivar
- Causarlle a alguén feridas ou un dano físico que lle impida valerse por si mesmo.
- Exemplo: Eivouno coa fouce
.
- Exemplo: Eivouno coa fouce
- (Figurado) Ser a causa dun defecto ou dunha imperfección nalgo.
- Exemplo: Os malos modos no Congreso e no Senado poden eivar a política do país
.
- Exemplo: Os malos modos no Congreso e no Senado poden eivar a política do país
eivar
- Sufrir unha persoa un dano que lle impida valerse por si mesma.
- Exemplo: O xinete eivouse ao caer do cabalo
.
- Exemplo: O xinete eivouse ao caer do cabalo
- Nota: Redacción baseada en datos do Dicionario da RAG e do Gran dicionario Xerais da lingua.