escravo
Galego
- Etimoloxía: do latín medieval sclavum, e este do grego antigo bizantino σκλάβος sklábos, derivado de σκλαβηνός sklabēnós, 'eslavo', e este do eslavo slovĕninŭ, nome que se daba a si mesmo o pobo eslavo, que foi vítima da esclavitude no Oriente medieval
- Pronuncia: /es.'kɾa.βo̯/ (AFI)
escravo
(ms: escravo; mpl: escravos; fs: escrava; fpl: escravas)
- Dise da persoa que carece de liberdade por estar baixo o dominio doutra.
- Exemplo: Na antiga Roma os escravos cristiáns eran devorados polos leóns nos circos.
- Exemplo: Na antiga Roma os escravos cristiáns eran devorados polos leóns nos circos.
- Que está tan sometido a un deber, paixón, afecto, defecto etc., que está privado de liberdade.
- Exemplo: É un escravo do alcohol.
- Exemplo: É un escravo do alcohol.
- Dito dunha actividade, que exixe moito traballo.
- Exemplo: O deporte de competición é moi escravo.
- Exemplo: O deporte de competición é moi escravo.
escrava
(sg: escrava; pl: escravas)
- Pulseira sen adornos e que non se abre.
- Exemplo: Polas vodas de prata regaleille á miña dona unha escrava de ouro.
- Exemplo: Polas vodas de prata regaleille á miña dona unha escrava de ouro.