estratificación
Galego
- Etimoloxía: de estratificar.
- Pronuncia: /estɾatifikaˈθjoŋ/ (AFI)
estratificación (sg: estratificación; pl: estratificacións)
- Acción ou efecto de estratificar; disposición en capas ou estratos dunha formación natural ou artificial que se encontraba en forma homoxénea.
- (Xeoloxía) Proceso de formación e deposición dun estrato sobre outro nun solo.
- (Socioloxía) División dunha poboación seguindo certos criterios (sociais, económicos, culturais...).
- Sinónimos: estratificación social.
- (Agricultura) Proceso para conservar ou xerminar sementes lentamente.
- (Ecoloxía) División da vexetación dun ecosistema en distintas capas ou estratos segundo tamaño e organismos que alberga.
- (Lingüística) División dentro dunha lingua de distintas variedades ou expresións segundo distintos grupos sociais.
Termos relacionados
Traducións
Castelán
estratificación (sg: estratificación; pl: estratificaciones)