fórmula espacial

Galego

  •   Pronuncia: /ˈfɔɾmula espaˈθjal/ (AFI)
 
Fórmula espacial do tetraedro do ión ortosilicato, SiO44-. (Na figura da dereita omitíronse os átomos e os enlaces).

  Locución substantiva feminina

fórmula espacial (sg: fórmula espacial; pl: fórmulas espaciais)

  1. (Química) Fórmula química que expresa o número de átomos que constitúen a molécula dunha substancia, que átomo está unido a que outro ou outros, os tipos de enlaces que interveñen e as posicións relativas dos átomos no espazo.