furafollas pequeno
Galego
furafollas pequeno (sg: furafollas pequeno; pl: furafollas pequenos)
- (Zooloxía) Especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae amplamente distribuída por Europa, estando presente dende Irlanda e a Península Ibérica ata Rusia. A súa pelaxe é de cor marrón escura no lombo, que pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de testa e corpo é duns seis centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella.
Nome científico
Traducións
- Alemán: Zwergspitzmaus (de)
- Aragonés: moregón menuto (an)
- Castelán: musaraña enana (es).
- Catalán: musaranya nana (ca)
- Francés: musaraigne pygmée (fr)
- Inglés: pygmy shrew (en)
- Italiano: toporagno pigmeo (it), toporagno nano (it)
- Kotava: vimkol (avk)
- Portugués: musaranho-anão-de-dentes-vermelhos (pt)
- Vasco: satitsu txiki (eu)