groselleira espiñenta
Galego
- Etimoloxía: composto de groselleira e espiñento.
- Pronuncia: /ɡɾɔseˈʎejɾa̝ espiˈɲenta̝/ /ɡɾɔseˈʎejɾa̝ espiˈɲɛnta̝/ (AFI)
groselleira espiñenta (sg: groselleira espiñenta; pl: groselleiras espiñentas)
- (Botánica) Arbustiño pertencente ao subxénero Grossularia, ás veces tratado como un xénero diferente dentro de Ribes, comprendendo as diferentes especies hirsutas de groselleiras. Posúe talos con espiñas e presenta flores terminais illadas, en parellas ou tríos, non en acios. O seu froito comestíbel é como un bago verde miúdo.
- Nome científico: Ribes uva-crispa.