Galego

  •   Pronuncia: /mi.ˈu.ðʊ/ (AFI)

  Adxectivo

miúdo (ms: miúdo; mpl: miúdos; fs: miúda; fpl: miúdas)

  1. De pequeno tamaño, con pouco volume.
    • Exemplo: Desfixo o pan en anacos miúdos para botalos no caldo. O orballo é unha chuvia miúda, pero mollar, molla.

  2. Persoa, ou parte do corpo, pequena e delgada.
    • Exemplo: É un rapaz moi miúdo. Tiña unha cara miúda moi simpática

      .
  3. (Figurado) Que non ten moita importancia, que non é de destacar.
    • {{exemplo|Cando fai un traballo dedícalles demasiado tempo aos detalles miúdos. SINÓNIMO pequeno

Observacións

  Substantivo feminino

miúda

  1. Ovo do piollo.
    • Exemplo: Estáballe catando as miúdas.

Observacións

  Substantivo masculino plural

miúdos

  1. (Alimentación) Vísceras dos animais, como o corazón, os pulmóns, os riles, etc., que se aproveitan para comer.
    • Exemplo: Fixen un arroz para aproveitar os miúdos da galiña.

Observacións