Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «iconoclasta».

  Adxectivo

iconoclasta (sg: iconoclasta; pl: iconoclastas)

  1. (Relixión) Persoa que defende e aplica a iconoclastia.
    • Exemplo: Os movementos iconoclastas máis intensos déronse no cristianismo bizantino.

    • Observacións: Úsase tamén como substantivo: Entre os iconoclastas máis rigorosos destacou o emperador León III.
    • Termos relacionados: icona, iconódulo
  2. (Por extensión) Persoa que nega o culto tributado ás imaxes.
  3. (Por extensión) Persoa que actúa contra o tradicional ou contra os modelos estándares da sociedade.
    • Exemplo: Determinados movementos artísticos do século XIX foron marcadamente iconoclastas.

Traducións