Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «icona».
 
Virxe co neno Xesús. Icona rusa
  •   Pronuncia: /i.'ko.na/ (AFI)

  Substantivo feminino

icona (sg: icona; pl: iconas)

  1. (Arte) e (Relixión) Pintura ou relevo de carácter relixioso, propia das Igrexas ortodoxas.
    • Exemplo: Na arte bizantina destacan as iconas e os mosaicos. Unha icona rusa foi a peza de maior valor na poxa.

  2. (Arte) Táboa pintada con técnica bizantina.
    • Exemplo: Na exposición mostrábanse táboas con cadansúas iconas

      .
  3. Signo que representa unha idea ou obxecto cos que mantén unha relación de semellanza.
    • Exemplo: Algúns sinais de tráfico utilizan iconas

      .
  4. (Informática) Símbolo gráfico que aparece na pantalla dunha computadora ou outro dispositivo electrónico e que representa un programa, un sistema operativo ou outras funcións dun programa e que poden activarse ao ser seleccionado este debuxo ou imaxe mediante o rato ou o cursor.
    • Exemplo: Se seleccionas a icona podes comezar a traballar no documento

      .

Termos relacionados

Traducións