illote de Langerhans
Galego
- Etimoloxía: composto de illote e Langerhans, apelido do patólogo alemán Paul Langerhans.
illote de Langerhans (sg: illote de Langerhans; pl: illotes de Langerhans)
- (Anatomía) (Medicina) Rexión do páncreas que contén células produtoras de hormonas, como a insulina e o glicagón. Trátanse de varias rexións que constitúen aproximadamente do 1 ao 2 % da masa do páncreas. A porción do páncreas ocupada polos illotes denomínase páncreas endócrino, e o resto é o páncreas exócrino.