Galego

  •   Pronuncia: /'mul.ti.ple̯/ (AFI)

  Adxectivo

múltiple (ms: múltiple; mpl: múltiples; fs: múltipla; fpl: múltiplas)

  1. Variado, de moitas maneiras, que consta de varios elementos, que se presenta baixo formas diferentes, en oposición a simple.
    • Exemplo: A historia non é única senón múltipla, segundo os distintos autores.

  2. (Química) Dito dun enlace químico, que é covalente e ten lugar entre átomos que comparten dous ou máis pares de electróns.

Observacións

  1. Naacepción seu sinónimo é multíplice.

Termos relacionados

eco múltiple, esclerose múltiple, estrela múltipla.

adxectivo plural (sg: múltiple; pl: múltiples)

  1. Numerosos, moitos.
    • Exemplo: Desta novela fixéronse >múltiples edicións.