Galego

  •   Pronuncia: /'maŋ.to̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

manto (sg: manto; pl: mantos)

  1. Pano grande co que se cobre a cabeza e que pode chegar até a cintura ou até os pés.
    • Exemplo: Nas imaxes da Virxe sempre aparece representada cun manto.

  2. Capa de cerimonia que chega, polo menos, até os pés.
    • Exemplo: O rei posou para o pintor con manto e coroa.

  3. Por extensión, calquera cousa que se estende sobre outra, cubríndoa.
    • Exemplo: Un manto de neve cubría o prado.

  4. (Xeoloxía) Capa interior da Terra situada entre a codia terrestre e o núcleo.
    • Exemplo: O manto da Terra pódese dividir en tres capas segundo os distintos niveis de profundidade.

  5. (Zooloxía) Capa membranosa que rodea o corpo dos moluscos e dos braquiópodos.
    • Exemplo: O manto das vieiras está rematado nas marxes por uns tentáculos sensitivos.

Termos relacionados

manto terrestre, manto vexetal.