marolo
Galego
marolo (sg: marolo; pl: marolos)
- (Alimentación) (Zooloxía) (Acanthocardia tuberculata) Molusco bivalvo da familia dos cárdidos, da orde Veneroida. Maior que o berberecho, chega a medir 9-10 cm de diámetro e uns 4 cm de grosor. Presenta 21-22 costelas radiais fortes. A cor é castaña que ás veces tira a avermellada.