Galego

  •   Pronuncia: /me.ˈdjar/ (AFI)

  Verbo intransitivo

mediar

  1. Dito duha cousa, chegar aproximadamente á súa metade.
    • Exemplo: Mediaba o mes de xullo.

  2. Dito dunha cousa, ocorrer dous feitos ou dous momentos.
    • Exemplo: Entre estes dous feitos mediou a súa chamada

      .
  3. Dito do tempo, transcorrer entre dous feitos ou dous momentos.
    • Exemplo: Mediou un mes entre as súas visitas

      .
  4. Interceder ou rogar por alguén.
    • Exemplo: Seu veciño mediará por el no xuízo

      .
  5. Actuar entre dúas ou máis partes para poñelas de acordo nun preito ou negocio.
    • Exemplo: Mediuo entre os dous veciños. Na venda da casa mediou un axente inmobiliario.

  6. Participar ou intervir en algo.
    • Exemplo: No cambio climático media a acción do home.

  7. Existir ou estar entre dúas persoas ou cousas.
    • Exemplo: Entre as dúas cidades media unha gran distancia. Entre pai e fillo mediaban grandes diferenzas.

  Verbo transitivo

mediar

  1. Facer que algo chegue máis ou menos á súa metade.
    • Exemplo: Mediou o vaso dun sorbo.