Galego

 
Muller en monokini
  •   Pronuncia: /mo.no.ki.ni/ (AFI)

  Substantivo masculino

monokini (sg: monokini; pl: monokinis)

  1. Denomínase monokini á metade inferior dun bikini, cando se utiliza sen a parte superior, deixando ao descuberto os seos. En Europa adoita autorizarse o seu uso en zonas de praia, hoteis e piscinas públicas, permitindo que unha maior parte da pel quede exposta aos raios solares. Non é así nos Estados Unidos nin en Suramérica, onde o feito de que unha muller mostre os peitos en público está prohibido en numerosos lugares.

Sinónimos

monobikini

Termos relacionados

bikini, microkini, kirtini, pubikini sling bikini, trikini