Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «mora».
 
Moras.

mora1

  •   Pronuncia: /ˈmɔɾa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

mora (sg: mora; pl: moras)

  1. (Alimentación) (Botánica) Froito da moreira.
  2. (Botánica) Froito que dan algunhas silvas.

Sinónimos

mora2

  •   Pronuncia: /ˈmɔɾa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

mora

  1. Demora, dilación, delonga.
  2. (Dereito) Tardanza en cumprir obrigacións e compromisos legais, como unha débeda.
  3. Prorrogación dun prazo de pagamento.
  4. (Lingüística) Medida de cantidade que corresponde a unha sílaba breve.

mora3

  Substantivo feminino

mora (sg: mora; pl: moras)

  1. (Ictioloxía) Peixe da familia dos móridos.

Termos relacionados