neuroanatomía
Galego
- Pronuncia: /neu̯.ɾo.a.na.t̪o.ˈmi.a/ (AFI)
A neuroanatomia é a parte da anatomía que estuda a organización anatómica do sistema nervioso, estuda as innumerábeis ligazóns anatómicas entre os nervios do cerebro até a rexión periférica do corpo, centrándose en particular na estrutura interna do cerebro. A neuroanatomía comparada é a parte desta ciencia que analiza e contrasta os sistemas nerviosos das diferentes especies de animais , desde os máis simples até os mamíferos ou mesmo o ser humano. Un dos fundadores da neuroanatomía moderna foi o descubridor da neurona, Santiago Ramón y Cajal, que pola súa obra foi distinguido co Premio Nobel de Medicina no ano 1906, xunto co italiano Camillo Golgi.