Galego

  •   Pronuncia: /o.'βɾi.ɣɐr/ (AFI)

  Verbo transitivo

obrigar

  1. Facer que alguén realice algo en contra da súa vontade.
    • Exemplo: O neno non tiña fame, pero a nai obrigouno a comer

      . ANTÓNIMOS desobrigar, dispensar SINÓNIMO
  2. Ter unha lei, disposición, contrato, etc., aplicación ou incidencia sobre unha persoa ou varias.
    • Exemplo: O contrato obriga as dúas partes a cumprir o estipulado. A lei obriga a todos os cidadáns

      .
  3. Facer forza nunha cousa para conseguir un efecto.
  4. (Dereito) Suxeitar os bens ao pago de débedas ou ao cumprimento doutras prestacións exixíbeis.

Antónimos

desobrigar, dispensar

Sinónimos

forzar

Termos relacionados

obriga

  Verbo pronominal

obrigarse

  1. Adquirir o compromiso de facer algo.
    • Exemplo: Os asinantes do tratado obrigáronse a cumprir o alto ao fogo.

Sinónimos

comprometerse

Conxugación