panturanismo
Galego
- Etimoloxía: de Turán.
Substantivo masculino
panturanismo (sg: panturanismo; pl: panturanismos)
- (Política) Movemento político e cultural nacionalista que defende a necesidade dunha estreita cooperación ou unificación política entre pobos de orixe centroasiática, relacionados cultural, lingüística ou etnicamente, como os fineses, os xaponeses, os coreanos, os saamis, os samoiedos, os húngaros, os turcos, os mongois, os manchús e outros grupos étnicos máis pequenos.