pretorio
Galego
- Etimoloxía: do latín praetorium, de praetor.
- Pronuncia: /pɾeˈtɔɾjo̝/ (AFI)
pretorio (sg: pretorio; pl: pretorios)
- (Historia) Lugar onde vivía e traballaba un pretor.
- (Historia) Nome da tenda dun xeneral nun campamento romano, normalmente situada na zona central.
- (Historia) Palacio onde vivía e traballaba un gobernador dunha provincia romana.
- (Historia) Residencia de fóra da cidade do emperador.
- (Historia) Fortaleza construída pola fronteira do Imperio Romano.