Galego

  •   Pronuncia: /pun.'twal/ (AFI)

  Adxectivo

puntual (sg: puntual; pl: puntuais)

  1. Que fai as cousas ao seu tempo, que chega a tempo, que entra ou sae á hora convenida.
    • Exemplo: Asiste puntual a todas as reunións á que é convocado. Xa debe de estar alí porque é moi puntual

      .
  2. Que unha información, narración, etc. exacta e explicada en detalle, punto por punto.
    • Exemplo: Os xornalistas desta emisora damos explicación puntual de todo o que ocorre nos Xogos Olímpicos.

      .
  3. Que interesa soamente a un punto, a un compoñente dun conxunto ou de algo que se considera como tal.
    • Exemplo: Isto que che digo é soamente un dato puntual.

  4. Ocasional, que se produce de maneira illada fronte ao habitual.
    • Exemplo: Colaboración puntual.

  5. (Física) Que se considera como orixinado ou situado nun punto.
    • Exemplo: Unha carga eléctrica puntual.

Observacións

Termos relacionados

puntualidade, puntualización, puntualizar, puntualmente