Galego

  •   Pronuncia: [re.moˈeɾ] (AFI)

  Verbo transitivo

remoer

  1. (Zooloxía) Regurxitar un bocado de comida, o bolo alimentario; e realizar unha segunda mastigación do alimento, fenómeno fisiolóxico propio dos animais ruminantes.
    • Sinónimos: rumiar.
    • Observacións: Nos ruminantes, a inxestión dos alimentos é seguida dunha rápida deglución, case sen mastigar, para a súa fermentación no rume, primeiro dos preestómagos. Posteriormente, en momentos de repouso, realízase a remoeira, unha segunda mastigación profunda e completa do bolo alimenticio.
    • Exemplo: Boi que remoe, nada lle doe.

  2. (Figurado) Dar moitas voltas a un asunto intentando atoparlle solución.
    • Exemplo: Levo todo o día remoendo o que me dixeches e sigo sen saber que facer.

    • Sinónimos: rumiar.
  3. (Figurado) Comer moito e durante moito tempo.
    • Exemplo: Pedriño foi enchendo o bandullo e dispois de cinco horas de remoer sen acougo, deuse por vencido no derradeiro prato.

      (Castelao: Os dous de sempre)
  4. Moer, por segunda vez, un produto.
  5. Virar un carro movendo as súas rodas en direccións opostas, pero sen avanzar.

Termos relacionados

Conxugación


Traducións