teatro independente
Galego
- Etimoloxía: de teatro e independente.
teatro independente
- (Arte) Movemento teatral que se desenvolveu en toda España entre os anos 1960 e 1970, e que estaba moi vinculado ao teatro universitario e supoñía unha alternativa ao teatro comercial, antepoñendo o sentido artístico das pezas ás necesidades materiais ou pecuniarias, factor que determinaba a austeridade das producións en favor dunha maior independencia ou liberdade.