tectónica de placas

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tectónica de placas».
 
As placas tectónicas do mundo
  •   Pronuncia: /tek.ˈto.ni.ka/ /de/ /ˈpla.kas/ (AFI)

  Locución substantiva feminina

tectónica de placas

  1. (Xeoloxía) A tectónica de placas é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis ffría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, e as súas direccións e interaccións. As diferentes placas desprázanse con velocidades da orde de 5 cm/ano o que é, aproximadamente, a velocidade coa que crecen as uñas das mans.