tectónica
Galego
- Etimoloxía: do latín científico tectŏnicus, -a, um, derivado do grego antigo τεκτονικός tektŏnikós, 'referente á construción', 'referido ao edificio', e este de τέκτων téktōn, 'construtor', carpinteiro', canteiro', 'mestre en calquera arte'.
- Pronuncia: /tek.ˈto.ni.ka/ (AFI)
tectónica (sg: tectónica; pl: tectónicas)
- (Xeoloxía) A tectónica é a parte da xeoloxía que estuda as estruturas xeolóxicas producidas pola deformación da codia terrestre, as estruturas que as rochas adquiren despois de se formar e os procesos que as orixinan.
tectónica (ms: tectónico; mpl: tectónicos; fs: tectónica; fpl: tectónicas)
- Relativo ou pertencente á estrutura e á forma externa da codia terrestre.