Galego

  •   Pronuncia: /re.fe.ˈrɛn.te/ (AFI)

  Adxectivo

referente (sg: referente; pl: referentes)

  1. Que refire ou que expresa relación a algo.
    • Exemplo: Os técnico fixeron un estudo referente ao estado das estradas do concello

      .

  Substantivo masculino

referente (sg: referente; pl: referentes)

  1. (Lingüística) Aquilo a que un signo lingüístico se refire, pertencente á realidade externa.
    • Exemplo: A palabra 'can' ten un referente no mundo real

      .
  2. Por extensión, punto de referencia.
    • Exemplo: Tomamos o Pico Sacro como referente na nosa excursión

      .

Termos relacionados

no referente a