deformación
Galego
- Etimoloxía: do latín deformātio, deformatiōnis (deformación, desfiguración), derivado do latín deformāre (deformar).
- Pronuncia: /defoɾmaˈθjoŋ/ (AFI)
deformación (sg: deformación; pl: deformacións)
- Acción e efecto de deformar ou deformarse.
- (Física) Modificación da forma ou as dimensións dun sistema baixo a acción dunha forza ou xente externos.
- Exemplo: A deformación dun resorte por tracción.
- Exemplo: A deformación dun resorte por tracción.
- (Medicina) Alteración das características morfolóxicas dunha parte do organismo.
- Exemplo: Como consecuencia da artrite amosaba grandes deformacións nos cotobelos.
- Exemplo: Como consecuencia da artrite amosaba grandes deformacións nos cotobelos.
- (Antropoloxía) Resultado de certas prácticas dalghunhas sociedades, efectuadas coa finalidade de modelar unha parte do corpo.
- Exemplo: Unha das deformacións máis coñecidas é a que sufrían as nenas da China tradicional, ás que se lles vendaban os pés para evitaren que estes acadaran o seu normal desenvolvemento.
- Exemplo: Unha das deformacións máis coñecidas é a que sufrían as nenas da China tradicional, ás que se lles vendaban os pés para evitaren que estes acadaran o seu normal desenvolvemento.
- (Cristalografía) Adopción de formas cristalográficas irregulares (é dicir, non idiomorfas) por parte dun mineral, impostas polas circunstancias externas do medio en que se realiza a súa xénese.
- (Xeoloxía) Cambio de forma dunha rocha ou dunha formación debido a unha forza de orixe tectónica. Pode ser descontinua, se conduce a fracturas, ou continua, cando se manifesta sobre todo por dobras.
Termos relacionados
Traducións
Castelán
deformación (sg: deformación; pl: deformaciones)