Galego

  •   Pronuncia: /i.re.ɣu.'laɾ/ (AFI)

  Adxectivo

irregular
(sg: irregular; pl: irregulares)

  1. Que está fóra da regra.
  2. Que é contrario a unha regra.
  3. Que non observa sempre o mesmo comportamento.
  4. Que non sucede comunmente.
  5. (Botánica) Dise dos órganos vexetais non simétricos.
  6. (Dereito) Dise da persoa que incorre en irregularidades.
  7. (Exército) Dise do grupo armado que non responde a unha organización militar oficial e que non está afectado polos acordos de Xenebra respecto aos prisioneiros de guerra.
  8. (Gramática) Que non se axusta na súa flexión ou na súa derivación ás formas fixadas como modelo.
  9. (Lingüística) Dise de aquilo que, formando parte integrante dun sistema, non se axusta aos patróns que se teñen por regulares ou normais.
  10. (Xeometría) Dito dun polígono ou dun poliedro, que non son regulares.