Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fosa tectónica».
 
Macizo tectónico e fosa tectónica
  •   Pronuncia: /ˈfɔsa/ /tek.ˈto.ni.ka/ (AFI)

  Locución substantiva feminina

fosa tectónica

  1. (Xeoloxía) Unha fosa tectónica ou graben (na linguaxe científica internacional) é unha longa depresión limitada en ambos os lados por fallas paralelas levantadas (horsts ou macizos tectónicos) entre as cales o terreo se afundiu por efecto de forzas internas. As fallas marcan os límites laterais do afundimento do terreo, que poden prolongarse centos e mesmo miles de quilómetros.
    • Exemplo: A pesar de que constitúen ás veces o val por onde transcorre un río, as fosas tectónicas nada deben aos axentes exteriores da erosión

      .