tornar
Galego
- Etimoloxía: do latín tornāre, 'xirar', e este do grego antigo τόρνος tórnos, 'ferramenta do carpinteiro para debuxar un círculo', 'torno para xirar'.
- Pronuncia: /toɾ.ˈnaɾ/ (AFI)
tornar
- Facer que algo ou alguén se vaia de onde está.
- Exemplo: Tornaron as vacas do prado.
- Exemplo: Tornaron as vacas do prado.
- Facer que unha cousa pase a ser outra distinta.
- Exemplo: Tornar a palla en cinsa, queimándoa.
- Exemplo: Tornar a palla en cinsa, queimándoa.
- Alterar o estado ou as calidades dunha cousa.
- Exemplo: O sol torna as cores escuras en máis claras.
- Exemplo: O sol torna as cores escuras en máis claras.
Observacións
tornar
- Ir outra vez ao sitio de onde se saíu.
- Exemplo: Os emigrantes tornaron aos seus países
.
- Exemplo: Os emigrantes tornaron aos seus países
- Sufrir algo ou alguén unha alteración de maneira que pase a ser outra cousa que non era.
- Exemplo: Tornou pálido.
- Exemplo: Tornou pálido.
- Sufrir algo unha alteración que o converte noutra cousa distinta.
- Exemplo: O amor tornou en odio.
- Exemplo: O amor tornou en odio.
Observacións
- Na 1ª acepción seus sinónimos son regresar, retornar e volver.
- Na 2ª acepción seus sinónimos son poñerse e volverse.
- Na 3ª acepción seus sinónimos son cambiar, transformarse e volverse.
tornarse
- Sufrir alguén unha alteración de maneira que pase a ser outra cousa que non era.
- Exemplo: A situación tornábase cada día máis difícil.
- Exemplo: A situación tornábase cada día máis difícil.
- Sufrir algo unha alteración que o converte noutra cousa distinta.
- Exemplo: As penas tornáronse en alegrías.
- Exemplo: As penas tornáronse en alegrías.