Galego

  •   Pronuncia: /tow.'rej.ra̯/ (AFI)

Adxectivo feminino
toureira (sg: toureira; pl: toureiras)

  1. (Gandaría) Dito da vaca, que está en celo.
  2. (Gandaría) Dito da vaca, que está cuberta polo touro.

Observacións

O adxectivo toureira débese ao seu comportamento, xa que a excitación do animal neste estado provoca que actúe como un touro, montando e sendo montada por outras vacas.

  Substantivo feminino

toureira (sg: toureira; pl: toureiras)

  1. Chaqueta curta e adaptada ao corpo.

Termos relacionados

toureiro