toro de fuego

Grafías semellantes:     Touro

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «touro».
 
Touro de lida
  •   Pronuncia: [ˈtow.ɾʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

touro (sg: touro; pl: touros)

  1. (Zooloxía) Mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos (Bos tauros) macho sen capar da vaca (os individuos capados denomíanse bois), de corpo grande e forte, cabeza grosa con dous cornos, pel dura, pelo curto e rabo longo, que na antigüidade podía ser salvaxe pero na actualidade é doméstico, agás os destinados ás corridas de touros.
    • Exemplo: Nas festas haberá tres corridas de touros

      .
  2. (Figurado) Home moi robusto e forte.
    • Exemplo: Estás feito un touro

  3. (Astronomía) Constelación do zodíaco situada no hemisferio celeste boreal, entre Carneiro e Xemelgos.
    • Exemplo: Na constelación de Touro atópanse as Pléiades.

  4. (Astroloxía) Signo zodiacal das persoas nacidas entre o vinte e un de abril e o vinte de maio.
    • Exemplo: Se naceches o doce de maio, pertences a Touro.

Termos relacionados

boi, corrida, corrida de touros, praza de touros, touro de fogo, touro de lida, vaca

  Substantivo masculino plural

touros

  1. Espectáculo que consiste en lidar varios touros bravos, xeralmente seis, na praza de touros.
    • Exemplo: Eu non son afeccionado aos touros

      .

Sinónimos

corrida, corrida de touros


Traducións

Véxase tamén


Galego-portugués

  Substantivo masculino

touro (sg: touro; pl: touros)

  1. (Zooloxía) Touro.


Portugués

  Substantivo masculino

touro (sg: touro; pl: touros)

  1. (Zooloxía) Touro.