triángulo
![]() |
Grafías semellantes: triangulo , triângulo , Triángulo |
Galego
- Etimoloxía: do latín triangŭlus, de angulus e o prefixo tri-.
- Pronuncia: /tɾiˈaŋɡulo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
triángulo (sg: triángulo; pl: triángulos)
- (Xeometría) Polígono de tres lados e tres ángulos.
- (Música) Instrumento musical que consiste nunha varilla metálica dobrada en forma triangular e suspendida dun cordón, a cal faise soar golpeándoa con outra varilla tamén de metal.
Termos relacionados
Termos compostos
- Triángulo acutángulo: O que ten tres ángulos agudos.
- Triángulo equilátero: O que ten tres lados iguais.
- Triángulo escaleno: O que ten tres lados desiguais.
- Triángulo isósceles: O que ten dous lados iguais.
- Triángulo obtusángulo: O que ten un ángulo obtuso.
- Triángulo rectángulo: O que ten un ángulo recto.
- Triángulos semellantes: Os que teñen os ángulos iguais e os lados proporcionais.
Traducións
Figura xeométrica
Instrumento musical
Véxase tamén
Castelán
- Etimoloxía: do latín triangŭlus, de angulus e o prefixo tri-.
Substantivo masculino
triángulo (sg: triángulo; pl: triángulos)