Galego

  •   Pronuncia: /sus.pẽn̪.ˈd̪eɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

suspender

  1. Soster ou pendurar algo nun sitio, de maneira que a súa parte inferior non se apoie en ningunha superficie.
    • Exemplo: O aforcado quedou suspendido da rama do carballo.

  2. Deixar sen rematar algo que se estaba realizando, e que pode ser continuado máis tarde.
    • Exemplo: Suspenderon as manobrtas de rescate do barco debido ao mal tempo

      .
  3. Considerar a alguén non apto nun exame, proba, materia, etc.
    • Exemplo: Suspendérono no segundo exame das oposicións

      .
  4. Non alcanzar a puntuación mínima necesaria para superar unha proba ou para demostrar o coñecemento dunha materia.
    • Exemplo: Suspendeu o exame de matemáticas. Contaba con aprobar, e suspendín>

      .
  5. Privar temporalmente a alguén dun cargo, oficio, dereitos, etc.
    • Exemplo: Suspenderon ao xogador con tres partidos. Durante o estado estado de alarma o Goberno suspendeu algúns dereitos ás persoas

      .

  Verbo pronominal

suspenderse

  1. Quedar parado até outro momento algo que se estaba realizando.
    • Exemplo: O maxistrado dixo: suspéndese a sesión este xuízo até as cinco da tarde.

Observacións

Termos relacionados

suspensión, suspensivo, suspenso, suspensor