Galego

  •   Pronuncia: /ˈtɾi.plo̯/ (AFI)

  Adxectivo

triplo (ms: triplo; mpl: triplos; fs: tripla; fpl: triplas)

  1. Que equivale a tres veces outro, ou que contén unha cantidade tres veces maior.
    • Exemplo: Esa nova proposta que das implica un gasto triplo ca miña

      .
  2. Que está constituído por tres partes ou elementos semellantes.
    • Exemplo: O punto triplo da auga. O castro estaba protexido por unha tripla muralla

      .

  Substantivo

triplo (ms: triplo; mpl: triplos; fs: tripla; fpl: triplas)

  1. Cantidade tres veces maior ca outra.
    • Exemplo: Nove é o triplo de tres.

  2. (Deportes) No baloncesto, enceste que vale tres puntos.
    • Exemplo: O pivote tirou o balón desde fóra da área e gañou unha tripla.

Termos relacionados

estrela tripla, punto triplo, triplo salto