Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vainilla».
  •   Pronuncia: [bajˈni.ʎɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

vainilla (sg: vainilla; pl: vainillas)

  1. (Botánica) Xénero de plantas orquidáceas americanas (Vanilla) de talos moi longos, verdes e sarmentosos, flores grandes e verdosas, follas enteiras ovais, froito capsular moi aromático en forma de vaíña que contén numerosas sementes.
  2. (Botánica) (Agricultura) (Alimentación) Froito principalmente das variedades Vanilla planifolia, Vanilla pompona e Vanilla tahitiensis, moi aromático empregado como condimento na cociña, así como tamén na perfumaría.
  3. (Alimentación) Esencia saborizante natural elaborada usando as vaíñas das plantas anterioes.
  4. Arrecendo característico deste tipo de plantas.
  5. (Alimentación) Esencia artificial, feita por exemplo coa vainilina, empregada na industria da alimentación.

Traducións