xónico
Grafías semellantes: Xónico |
Galego
- Etimoloxía: do latín Iōnicus, do grego antigo Ἰωνικός (Iōnikós).
- Pronuncia: /ˈʃɔniko̝/ (AFI)
xónico
- (Lingüística) Dialecto ou grupo de dialectos que se empregaban na Grecia antiga.
- Sinónimos: xonio.
- Habitante da antiga rexión da Xonia.
- Sinónimos: xonio.
xónico (ms: xónico; mpl: xónicos; fs: xónica; fpl: xónicas)
- (Arquitectura) Relativo ou pertencente á orde xónica.
- Relativo ou pertencente á Xonia e a súa xente.
- Sinónimos: xonio.
- Relativo ou pertencente ao mar Xónico e a súa costa.