xastre
Galego
- Etimoloxía: do catalán sastre, este de sartre, e este do latín sartor, -ōris, 'xastre que fai arranxos'.
- Pronuncia: /ˈʃas.tɾe/ (AFI)
xastre (ms: xastre; mpl: xastres; fs: xastra; fpl: xastras)
- (Profesións) Profesional que se dedica a facer traxes á medida.
Sinónimos
Termos relacionados
alta costura, costureira, costureiro, modista, modisto, traxe de augas, traxe de baño, traxe de chaqueta, traxe de etiqueta, traxe de luces, traxe de noite, traxe de pantalón, xastrería.
Traducións
xastre (sg: xastre; pl: xastres)
- (Zooloxía) Insecto de longas patas que se despraza sobre a superficie da auga.
- Sinónimos: cabra cega, costureira, mariñeiro, pita cega, zapateira.
Traducións
- Nome científico: Gerris spp.