xene
Galego
- Etimoloxía: do alemán Gen, e este da raíz do grego antigo γένος, génos, "raza", "liñaxe".
- Pronuncia: /ˈʃɛne̝/ (AFI)
xene (sg: xene; pl: xenes)
- (Xenética) Unidade básica da herdanza dos seres vivos. Desde o punto de vista molecular, é unha secuencia lineal de nucleótidos na molécula de ADN (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica.
- Exemplo: Ademais dos xenes que codifican para as proteínas, no xenoma hai outros xenes que só codifican para ARN.
- Exemplo: Ademais dos xenes que codifican para as proteínas, no xenoma hai outros xenes que só codifican para ARN.