Galego

  Locución substantiva masculina

xugo de chancís

  1. (Carro) Tipo de xugo do que penden dous arcos de madeira, abertos por riba, que atravesan o corpo principal do xugo. Nestes arcos, chamados cancís ou chancís, métese o pescozo da xugada.
    • Sinónimos: xugo de cancís.
    • Observacións: Este tipo de xugo distribúese polo centro e sur da provincia de Pontevedra, centro e leste da de Lugo e tamén con presenza no noroeste de Ourense. Xaquín Lorenzo dáballe tamén o nome de xugo portugués.

Termos relacionados