Galego

  •   Pronuncia: /'a.pi.θe̯/ ou /'a.pi.se̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

ápice
(sg: ápice; pl: ápices)

  1. Extremo ou punta dunha cousa.
  2. Punta da lingua.
  3. (Botánica) e (Zooloxía) Punta ou extremo dunha estrutura anatómica, como o pico das aves ou as follas das plantas.
  4. (Astronomía) Punto da esfera celeste cara a onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar.
  5. (Lingüística) Signo diacrítico posto sobre unha letra.

Termos relacionados

ápice vexetativo