Campaniano
Grafías semellantes: campaniano |
Galego
- Pronuncia: /kam.paˈnjano̝/ (AFI)
Campaniano (sg: Campaniano; pl: Campanianos)
- (Xeoloxía) División da escala de tempo xeolóxica, que se corresponde coa quinta e penúltima idade ou piso do Cretáceo Superior, segunda época do período Cretáceo. Esta idade esténdese desde hai 83,6 ± 0,2 ata 72,1 ± 0,2 millóns de anos, aproximadamente. Sucede o Santoniano e precede o Maastrichtiano.
Observacións
- Adoita empregarse en maiúscula.