María de Ulloa
Galego
María de Ulloa, señora de Cambados, foi a esposa do nobre galego Pedro Álvarez de Soutomaior, que "non era home para mulleres", fórmula elegante coa que na Idade Media se referían aos homosexuais. Pedro era o home máis rico do sur de Galicia, herdeiro da inmensa fortuna da Casa de Soutomaior, que incluía castelos, rendas, terras e unha flota mercante. Despechada coa condición do seu marido, viaxou a Santiago de Compostela onde se converteu na amante do arcebispo Alonso de Fonseca II, co que tivo como fillo a Alonso de Fonseca III, que tamén foi arcebispo de Santiago e de Toledo.