aborto contaxioso
Galego
- Etimoloxía: de aborto e contaxioso.
aborto contaxioso (sg: aborto contaxioso; pl: abortos contaxiosos)
- (Veterinaria) Doenza infecciosa das vacas caracterizada pola inflamación da mucosa uterina e das membranas fetais, da que resulta o aborto, e que se debe á bacteria Brucella abortus ou bacilo de Bang, da familia das bruceláceas. Infeccións análogas prodúcense nas eguas, ocasionadas pola bacteria Salmonella abortus equi, da familia das enterobacteriáceas, e nas ovellas, provocadas por Salmonella abortus ovis.