Galego

  •   Pronuncia: /aɛ.'ɾɔs.ta̯.to̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

aeróstato (sg: aeróstato; pl: aeróstatos)

  1. Aeronave provista dun ou máis recipientes cheos dun gas menos denso que o aire atmosférico, que o fai flotar ou elevarse no seo deste.
    • Exemplo: A meteoroloxía utiliza aeróstatos para facer medicións.