auga fósil
Galego
auga fósil
- (Xeoloxía) A auga fósil ou paleoauga é auga subterránea que permaneceu acumulada nun acuífero chamado "acuífero fósil", durante miles ou mesmo millóns de anos, debido a cambios na xeoloxía do terreo. Entre os máis importantes acuíferos fósiles está o acuífero que se encontra baixo o deserto do Sáhara. Outros acuíferos fósiles importantes son os do deserto do Kalahari no sur de África, e o acuífero Ogallala nas grandes chairas estadounidenses.
- Exemplo: Outras grandes reservas de auga fósil poden atoparse nalgúns lagos subglaciares como o lago Vostok da Antártida.
- Exemplo: Outras grandes reservas de auga fósil poden atoparse nalgúns lagos subglaciares como o lago Vostok da Antártida.