Galego

  •   Pronuncia: /a.βul.'taɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

avultar

  1. Facer vulto, ocupar algo ou alguén un determinado espazo en función do seu volume.
    • Exemplo: Teño unha radio pequeniña, avulta moi pouco

      .}}

  Verbo transitivo

avultar

  1. Facer que algo amose un volume ou tamaño maior ao que tiña.
    • Exemplo: Tes que meterlle máis la á almofada para avultala.

      .
  2. (Figurado) Dar proporcións moi grandes a algo, facéndoo máis importante do que é en realidade.
    • Exemplo: O Conselleiro, no seu informe ao Parlamento, avultou moito a gravidade do suceso.

      .