vulto
Galego
- Pronuncia: /ˈvul.to/ (AFI)
vulto (sg: vulto; pl: vultos)
- Volume ou tamaño dunha cousa.
- Exemplo: Polo vulto do paquete, calculo que debe ser un paraugas
.
- Exemplo: Polo vulto do paquete, calculo que debe ser un paraugas
- Elevación na superficie de algo ou dureza no interior dalgunha cousa.
- Exemplo: Saíulle un vulto na cara. Dentro do colchón hai un vulto.
- Exemplo: Saíulle un vulto na cara. Dentro do colchón hai un vulto.
- Obxecto grande ou conxunto de obxectos envoltos e preparados para seren transportados.
- Exemplo: Cargaron os vultos no camión.
- Exemplo: Cargaron os vultos no camión.
- Obxecto ou masa que se percibe de forma pouco precisa debido á distancia, á falta de luz, etc.
- Exemplo: Vin moverse un vulto entre as árbores.
- Exemplo: Vin moverse un vulto entre as árbores.
Observacións
Na 3ª acepción son sinónimos fardo e paquete.