dureza
Galego
- Pronuncia: /du.'ɾe.θa̯/ ou /du.'ɾe.sa̯/ (AFI)
dureza
(sg: dureza; pl: durezas)
- Calidade de duro.
- (Arte) Oposición forte entre as cores dunha pintura ou dun debuxo e, en fotografía, grao de contraste entre os brancos e os negros nun positivo ou entre as zonas claras e as escuras nun negativo.
- (Medicina) Dureza que xorde na epiderme, a xeito de pequeno tumor ou calosidade, que está formada por unha acumulación de células estratificadas da capa córnea, causada por fricción ou por unha presión prolongada e repetida.
- (Tecnoloxía) Conxunto de propiedades mecánicas dos materiais sólidos que indicaa a resistencia que exercen á deformación ou a seren raiados.
- (Xeoloxía) Resistencia que opón un mineral a ser raiado.